O PP de Barreiros esixe a Ermida que xestione canto antes a instalación do alumeado de Nadal nas rúas da vila e nas parroquias

AMariñaXa
O PP de Barreiros esixe a Ermida que xestione canto antes a instalación do alumeado de Nadal nas rúas da vila e nas parroquias
río Forcón en San Miguel 1
12 Dec 2022

O PP de Barreiros esixe a Ermida que xestione canto antes a instalación do alumeado de Nadal nas rúas da vila e nas parroquias.

"O goberno local de Barreiros ten dado ao longo do mandato claras mostras do seu desinterese por embelecer a vila, por coidar o detalle. E, unha vez máis, o equipo presidido pola alcaldesa Ana Ermida confirma o desinterese e ten a vila sen alumeado festivo de Nadal", así o indica o portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, que insta a Ermida a facer as xestións necesarias para a súa inmediata instalación, tanto na zona urbana como nas parroquias.

Gómez Puente destaca que son numerosos os veciños que protestan polo feito de que a vila de Barreiros se converta nunha excepción por carecer da iluminación festiva propia destas fechas. Neste sentido, o portavoz popular di: “O alumeado festivo crea ambiente nas rúas e anima á xente a saír e disfrutar da hostalería e do comercio local”.

Os populares sinalan que se a alcaldesa falase cos veciños, cos hostaleiros e cos comerciantes vería que están moi descontentos pola falta de alumeado festivo. “Habería que preguntarlles aos nenos que lles parece que a súa vila non teñas luces festivas nestes días, xa case ao comezo do Nadal”. Gómez Puente engade: “E dende logo non se pode esquecer o goberno municipal de que tamén a estes efectos existen as parroquias”.

0.15177297592163