O PP de Barreiros denuncia que só se están a rozar as vías municipais máis próximas ás praias

AMariñaXa
Dende o PP de Barreiros denuncian que o Goberno local unicamente está a rozar aquelas vías municipais máis próximas ás praias agora que se achega a Semana Santa, “abandonando ao resto dos veciños que viven na zona interior do concello”.
PP barreiros vias municipais critica rozar
20 Mar 2024

Dende o PP de Barreiros denuncian que o Goberno local unicamente está a rozar aquelas vías municipais máis próximas ás praias agora que se achega a Semana Santa, “abandonando ao resto dos veciños que viven na zona interior do concello”.

O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, explica que varios veciños de San Pedro de Benquerencia amosaron o seu malestar por ver como se están a limpar as vías que dan acceso ás praias “mentres non se fai nada nas estradas do interior do concello, que non se desbrozan dende hai meses”.

Ademais, no PP de Barreiros destacan que as beirarrúas están sen limpar. “Ata nin se preocupan de limpar as herbas e maleza que medra nas zonas de paso da xente, como se non lles importara a imaxe que se transmite do municipio”, lamentaron.

Os populares lamentan “esta dobre vara de medir” do goberno local “que na realidade provoca que haxa veciños de primeira e veciños de segunda” en Barreiros.

Gómez Puente pide un plan de limpeza de vías municipais todo o ano “en lugar de preocuparse en momentos puntuais do ano”.

Neste senso, dende o PP de Barreiros recordan que é preciso “manter en bo estado” as vías municipais todo o ano, con traballos como a limpeza das cunetas, que están cheas de sucidade o que provoca que a auga corra polo firme.

0.20864009857178