O PP de Alfoz di que a Deputación debería implicarse na construción da residencia

AMariñaXa
O PP de Alfoz di que a Deputación debería implicarse na construción da residencia. Din que hai que ampliar horizontes
4 Feb 2022

O Partido Popular de Alfoz considera que o goberno local tamén debería pedir á Deputación apoio económico para a construción da residencia da terceira idade. Os populares defenden así que “toda colaboración institucional é precisa”. “Esta ben recorrer á Xunta de Galicia pero tamén o sería contar co respaldo do resto de administracións”, advirten.

E é que dende o Grupo Municipal do PP lembran que, "dos 236.000 euros investidos na vivenda comunitaria, 46.000 son aportados polos usuarios, mentras que os 190.000 euros restantes, corresponden á fondos do Goberno galego. É dicir, a implicación da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais e na atención aos maiores de Alfoz é clara e manifesta”, aseguran.

 “O Concello non pon nin un só euro nesta importante dotación. Cómpre, por tanto, ampliar horizontes e non pechar portas nin perder outras oportunidades, como pode ser contar coa colaboración da institución provincial”. Ademais, destacan dende o PP, “sería de sentido común. Por outra banda, sinalan, o alcalde e os dirixentes da Deputación son ben amigos, polo que todos valoraríamos que se fixesen as xestións oportunas para que o Sr. Tomé tamén se implicase e apostase por construír unha residencia no noso concello”, remarcan.

Apelando “á coherencia e, sobre todo, á colaboración debe existir entre administracións”, os populares de Alfoz adiantan que no vindeiro pleno municipal pedirán, precisamente, que a entidade local se dirixa ao organismo provincial para demandar deste último apoio económico para a execución do centro da terceira idade.

0.10320901870728