O PP crítica a subida do recibo do lixo en Foz
“250.000 euros nunha nova tallada fiscal que van a sufrir os veciños de Foz”. Así tilda o PP a subida do 31 % do recibo da lixo. Este aumento da taxa de recollida de residuos sólidos urbanos foi aprobado polo bipartito de PSOE e BNG no pleno. “É sorprendente que cando gobernaba o Partido Popular e se pedían unhas subidas progresivas ano a ano tanto PSOE e BNG se negaban a elo e agora, estando no goberno, o suben de golpe”, lembra o voceiro popular, Jorge Castiñeira.
Esta subida no servizo de recollida do lixo súmase á que propoñen da auga ou ás aprobadas fai poucos meses do aumento das licencias de obra, á de expedición de documentos, á das terrazas ou mesmo á da Residencia de Maiores que onte, tamén, aprobaron. “É lamentable pero os socialistas e nacionalistas focenses o que pretenden é recadar á costa dos veciños cargándoos con subidas de impostos nos últimos 6 meses”.
O PP de Foz pediu que esta incremento da taxa de recollida do lixo se fixera progresivamente nos 3 anos que quedan de lexislatura, pero o bipartito opúxose preferindo o aumento do 31 % de golpe. “Pedímoslle ao goberno de Foz un pouco de creatividade e de racionamento no gasto e teñen varios exemplos no goberno do Partido Popular que con moito menos foi capaz de facer moitas máis cousas, simplemente mellorando a xestión e con creatividade e bo facer”, finaliza o voceiro do PP de Foz.