O PP condena “a deixadez absoluta” do Concello coas fontes das parroquias e da vila de Ribadeo

AMariñaXa
O PP condena “a deixadez absoluta e estado de total abandono” do Concello coas fontes das parroquias e da vila de Ribadeo
cinema de historias biblioteca as pontes
2 Abr 2022

Montse Seijo condena “a deixadez absoluta” do goberno do BNG coas fontes das parroquias e da vila de Ribadeo. A delegada de Medio Rural dos populares ribadenses denuncia o estado no que se atopan as fontes das parroquias e da vila de Ribadeo. “Despois de visitar estes días as diferentes fontes das parroquias de Cubelas, na Devesa, Rinlo, Vilaframil e no fondo de Vilamariz; observamos que están abandonadas”.

Montse Seijo explica que “estas fontes foron rehabilitadas por gobernos anteriores e, incluso, polo propio goberno do BNG. Pero a falta de conservación leva a que as fontes, lugares tradicionais de encontro, se atopen en estado de abandono absoluto”.

“Son demasiados anos sen preocuparse e o que é peor, sen ocuparse”, matiza. “Seguen sen traballar, sen contar cun plan de execución, de mantemento e conservación dos espazos públicos, das infraestruturas e do noso patrimonio”, engade.

“A Xunta de Galicia vén de rehabilitar a fonte de Guimarán, aportando máis de 5.000 euros. Agora, agardamos que o goberno do sr. Suárez a saiba conservar”, indica Seijo.

A popular convida, así mesmo, ao goberno do BNG a “non perder máis o tempo e empezar a traballar xa para recuperar o legado dos nosos antecesores”, conclúe.

0.19246315956116