O PP celebra a súa xuntanza de traballo en Mondoñedo

AMariñaXa
O grupo provincial mantén a liña iniciada ao comezo do mandato de deslocalizar as reunións de traballos e organización de grupo
xuntanza-pp-mondoñedo
17 Out 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a deslocalizar as xuntanzas periódicas de traballo por toda a provincia e
hoxe reuníronse en Mondoñedo, aproveitando o inicio das festas de As San Lucas, para poñer en valor a feira máis antiga de Galicia. O grupo provincial mantén a liña iniciada ao comezo do mandato de deslocalizar as reunións de traballos e organización de grupo, que se convocan ao longo da provincia demostrando que se pode apostar polo trato igualitario na provincia, aproveitando ademais para convidar ás mesmas aos alcaldes e voceiros da zona.

Nesta ocasión, os deputados populares avaliaron todas as propostas realizadas polos alcaldes e voceiros do PP nos 67 concellos da provincia nas diferentes reunións realizadas por toda a provincia nas últimas semanas para realizar un documento con propostas para que PSOE e BNG as teñan en conta de cara á súa incorporación aos orzamentos do vindeiro ano. O voceiro provincial, Antonio Ameijide, recorda que “todas as propostas son veñen dos alcaldes e voceiros, que son as persoas que están en contacto directo cos seus veciños polo que son os que mellor coñecen a realidade de cada municipio”,
ao que engadiu que “con este documento que defenderemos no pleno deste mes queremos acadar un trato igualitario para todos os veciños da provincia e que a Deputación de Lugo volva a ser o motor que todos precisamos e non o lastre no que a converteron socialistas e nacionalistas”.

0.18985199928284