O PP burelés critica a posible nova ubicación do mercado

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal do PP denuncia que o rexedor, Alfredo Llano, “queira cambiar o mercado dos venres para Torrentes”, afirman.
13 Maio 2020

O Grupo Municipal do PP denuncia que o rexedor, Alfredo Llano, “queira cambiar o mercado dos venres para Torrentes”, afirman.

“Todo elo sen consensualo, ata onde nós sabemos, con ningunha asociación ou colectivo que directamente puidera estar afectado por este feito, enténdase como tal a Acia a Asociación de Veciños, os hostaleiros ou os propios comerciantes”, insisten.

Para os populares, o dirixente local demostra novamente “a súa absoluta falta de previsión e de capacidade de xestión, máxime cando xa hai días que se veñen celebrando mercados noutros concellos sen ningún tipo de problema e con tódalas garantías”, sinalan.

“Cambiar o mercado dos venres para Torrentes é unha temeridade innecesaria, sobre todo cando aínda non se aprobou o regulamento para o mesmo que xa prometera no mandato anterior”.  Ademais, destacan, “nada garante que nin os comerciantes, tal e como se nos traslada dende este colectivo, nin os compradores habituais, veciños ou non de Burela, acudan a esta nova ubicación”.

Dende o PP pregúntanse “por que poñer en risco este aliciente económico e turístico para Burela que é o que representa o mercado dos venres?. Se pretende cambialo hai outras opcións que os comerciantes e os veciños verían con mellores ollos, tal e como se nos comentou. Pero é que nós consideramos que non hai un estudo rigoroso que o avale porque, se é coma noutros concellos onde só puideron acudir os comerciantes do sector da alimentación, o espazo para a distribución dos mesmos aumenta co cal se poderían garantir as correspondentes medidas hixiénico-sanitarias co correspondente proxecto técnico pero claro, aí xa toca traballar, e isto e o alcalde non casan na mesma frase”, advirten.

0.15156102180481