O PP acusa ao goberno local de Burela de incumprir acordos plenarios e a normativa

AMariñaXa
Os populares critican a falta de orzamentos e denuncian trabas á súa participación nos plenos
Burela-Manuel-Rouco-foto-2025
Actualizada el 25 noviembre 2025, 13:09 horas
23 Aug 2025

O Grupo Municipal Popular de Burela volveu cargar contra a alcaldesa e o executivo bipartito ao que acusa de “constantes incumprimentos dos acordos plenarios e da normativa vixente”. Segundo os populares, a situación repítese en diferentes ámbitos da vida municipal e supón “unha falta de respecto institucional e democrático”.

Un dos exemplos máis recentes foi, segundo explican, a falta de publicidade do último pleno extraordinario. “Mentres que outros plenos si foron anunciados en tempo e forma, neste caso a convocatoria non se fixo atendendo ao regulamento”, lembran. Engaden que esa obriga deriva dunha iniciativa presentada polo propio Grupo Municipal Popular e aprobada no seu día co apoio unánime de todas as forzas políticas da corporación.

A oposición tamén censura que se impedise ao seu portavoz intervir por alusións durante a sesión, algo que consideran unha vulneración da norma e que, na súa opinión, tivo como consecuencia “silenciar a resposta a cuestións relevantes que se puxeron enriba da mesa”.

No plano económico, os populares critican o xeito de gobernar da alcaldesa, María del Carmen López Moreno, á que acusan de basear a súa xestión “en suplementos de crédito e transferencias extraxudiciais”. Subliñan que en tres exercicios consecutivos —2023, 2024 e 2025— só foi quen de sacar adiante un único orzamento municipal. “Un goberno que non é capaz de aprobar as contas en tempo e forma ten un serio problema”, sosteñen.

Dende o PP local afirman que a rexedora “segue os pasos do señor Pedro Sánchez, imitando as súas formas de gobernar e os seus excesos”. Por iso, esixen máis transparencia, maior respecto á legalidade e unha planificación económica que dea estabilidade ao municipio.

⚙ Configurar cookies
0.098752021789551