O popular José Manuel Lamela será o novo alcalde do Valadouro trala renuncia da independente María José Fernández

AMariñaXa
A actual alcaldesa, María José Fernández, renuncia ao cargo e mantén a súa acta de concelleira
Imaxe de José Manuel Lamela
10 sep 2024

A alcaldesa do Valadouro, María José Fernández Díaz (UDIVAL), presentou a súa renuncia ao cargo, alegando unha total perda de confianza nos concelleiros do PSdeG-PSOE que a apoiaron na súa investidura en xuño de 2023. Fernández mantén a súa acta de concelleira e seguirá formando parte da Corporación municipal ata o final do mandato.

Ademais da súa renuncia, Fernández cesou das súas funcións os concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG que ocupaban as tenencias de alcaldía e outros cargos delegados. No seu lugar, nomeou a José Manuel Lamela Piñeiro, do Partido Popular, como primeiro tenente de alcalde.

O 13 de setembro de 2024 celebrarase unha sesión extraordinaria para formalizar estes cambios e dar conta da renuncia de Fernández. Nun prazo máximo de 10 días, nun novo pleno extraordinario, someterase a votación a candidatura de José Manuel Lamela, cabeza de lista do PP e da formación máis votada nas eleccións municipais de maio de 2023, para asumir oficialmente a alcaldía do Valadouro.

Fernández continuará traballando no Concello como concelleira de UDIVAL, comprometida coa xestión pública local ata o fin do mandato 2023-2027.

0.18971109390259