O popular Jesús Novo, actual rexedor, volverá ocupar este este cargo

AMariñaXa
Jesús Novo volverá a liderar o concello do Vicedo co Partido Popular tralas pasadas eleccións municipais do 28 de maio
1 xesus novo alcalde vicedo 2023
29 Maio 2023

O alcalde actual, o popular Jesús Novo, volverá ocupar este este cargo tras acadar un case un 55% dos votos o que fan un total de 5 escanos.

O alcalde do Vicedo, o popular Jesús Novo, convértese de novo no rexedor máis lonxevo da Mariña, ao permanecer na Alcaldía dende o ano 2003. Encadea xa catro mandatos seguidos con maioría absoluta malia nesta ocasión o BNG súmase á corporación xunto ao PSOE para facerlle fronte.

Nestes comicios, o PP obtivo 587 votos do total, que son 5 edís; o PSOE iguala os resultados 3 edís e 330 votos, e o BNG conta por primeira vez cun concelleiro e 148 votos. Neste concello mariñao a participación foi exactamente igual que no 2019.

O actual rexedor agradece a confianza amosada polos veciños e resalta “o meu compromiso e responsabilidade coa poboación do Vicedo para seguir xestionando novos proxectos que teñan un impacto positivo no municipio”.

Ademais engadiu que “estamos moi contentos cos resultados no Vicedo e na Mariña en xeral. Tivemos dúas candidaturas na oposición totalmente renovadas o que sempre da un pouco de intranquilidade, pero ao final os resultados foron bos”.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Jesús Novo Martínez PP
  • María del Pilar Otero Ínsua PP
  • Modesto Riveira Fernández PP
  • José Ángel Canoura Iglesias PP
  • Balbino Trasancos González PP
  • María Pérez Santaballa PSOE
  • Verónica Canoura Paz PSOE
  • Fernando Pigueiras López PSOE
  • Miguel Gómez Fraga BNG

Novo, que ocupa a Alcaldía desde febreiro de 2001 despois de ser xa concelleiro en anteriores lexislaturas, destaca que o seu obxectivo é “continuar coa liña de traballo que seguimos nos últimos 22 anos e acometer medidas sempre en beneficio dos intereses do Vicedo e en proximidade aos veciños para formar parte da solución dos seus problemas”.

Tamén agradeceu “a todos os veciños que nos deron a sua confianza para seguir outros catro anos, seguiremos traballando para facer un Vicedo mellor.
Felicitamos o PSOE e o BNG polos seus resultados e todos xuntos melloraremos o noso pobo”.

Novo, empresario xubilado nado en 1959, substituiu ao exalcalde Isaac Prado Villapol trala súa dimisión en xaneiro de 2001 e nas eleccións municipais de 2003, encabezou a lista do PP na municipalidade. Obtivo maioría absoluta dende aquela.

O PSOE de María Pérez Santaballa tamén agradeceu “a confianza que depositaron en min tódolos veciños”. Así suma dúas mulleres á corporación vicedense.

Pola contra, aparece no panorama político o BNG con Miguel Gómez Fraga á cabeza, un mantedor mecánico da factoría de Alcoa que tamén é gandeiro, e está vinculado así mesmo ao mundo do motor a través de equipos de rally.

xesus novo alcalde vicedo presentacion 2023
Vicedo 2023
0.22158598899841