O Polígono Industrial de Cuíña conta con 46 novas iluminarias LED

AMariñaXa
A alcaldesa de Cervo traslada que esta actuación garante unha contorna máis segura, accesible e eficiente
cervo-luz
19 Nov 2024

O Concello de Cervo está acometer estes días traballos de mellora no Polígono Industrial de Cuíña que supoñen a instalación de 46 novas luminarias LED nesta zona.

As obras supuxeron un investimento de 48.174 euros cofinanciados grazas a unha liña de axudas da Xunta de Galicia para a mellora de infraestruturas dos Parques Empresarias galegos.

Proxectouse pois –explicaron- unha reforma da instalación do alumeado público coa instalación de novas luminarias, que substitúen ás existentes, e que responden ao criterio da eficiencia enerxética. Tal e como apuntou a alcaldesa esta actuación garante unha contorna máis segura, accesible e eficiente, e tamén é importante para mellorar a competitividade do parque, fundamental para atraer investimentos e fomentar unha contorna de traballo máis cómoda e segura para os traballadores pero tamén para os viandantes que transitan pola zona.

Esta obra non só implica a instalación en si de novas luminarias senón tamén a modernización dos sistemas existentes, incorporando tecnoloxía LED de baixo consumo, que nos permitirá reducir custes, aforrar enerxía e reducir o impacto ambiental.

0.20867919921875