O Pleno da Deputación aproba as actuacións do Plan Único e abre o prazo de solicitude

TerraChaXa | AMariñaXa
O Pleno da Deputación aprobou nunha sesión Extraordinaria por unanimidade as actuacións do Plan Único 2019.
23 Maio 2019

O Pleno da Deputación aprobou nunha sesión Extraordinaria por unanimidade as actuacións do Plan Único 2019. Está dotado con 24,5 millóns de euros para realizar investimentos nos 67 Concellos cos que impulsar as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego. Os 24,5 millóns de euros do Plan Único distribúense do seguinte xeito:
- 16,7 millóns de euros para novos investimentos, que representan preto do 70% dos 24,5 millóns do Plan Único. Estes fondos permitirán executar 329 obras de mellora en prestacións públicas dos 67 Concellos, ademais de xerar ou manter un mínimo de 1.000 postos de traballo para a súa realización.
- 3 millóns de euros para o Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes, que permitirá ofrecer atención profesional a uns 3.000 maiores da provincia, ademais da contratación dun mínimo de 300 profesionais a xornada completa e durante 1 ano. Con este orzamento ofrécense máis de 300.000 horas de atención profesional.
- 3,6 millóns de euros para a xeración de emprego, cos que a Deputación asume os custos laborais pola contratación duns 315 novos lucenses en paro nos Concellos co DEPUEMREPGO cos que reforzar as prestación e os servizos municipais que ofrecemos aos veciños. Todo isto, a través do DEPUEMPREGO.
-650.000 euros para a celebración de 55 citas turísticas e gastronómicas de 44 Concellos, que dinamizan a economía local.
- 490.000 euros para o desenvolvementos de 40 actividades culturais noutras 40 Concellos.
- 400.000 euros para o desenvolvemento de 60 iniciativas deportivas en 42 Concellos.
- 105.000 euros para administración electrónica
- 17.000 euros para financiar grupos de Protección Civil
Os Concellos poden xa solicitar un anticipo do 50% dos fondos que lles corresponden, o que permitirá inxectar 12 millóns de euros na provincia en xuño. Unha vez aprobado o Plan Único, así como a modificación orzamentaria, ábrese un prazo legal de 15 días para a presentación de alegacións. Transcorrido estes períodos poderanse ingresar nas arcas municipais dos 67 Concellos estes fondos.

0.16620397567749