O plan formativo Ribadeo Suma comezará a finais de febreiro

AMariñaXa
O Concello presenta Ribadeo Suma, un novo proxecto para este 2022, que incidirá nos eidos do emprego, as empresas, o emprendemento,etc
ribadeo suma emprego 1
13 Feb 2022

O Concello presenta Ribadeo Suma, un novo proxecto para este 2022, que incidirá nos eidos do emprego, as empresas, o emprendemento, a dixitalización e a sostibilidade e que pretende mellorar o benestar da poboación. O programa arrinca xa neste mes de febreiro. 

Trátase dun plan formativo para este ano 2022, onde terán cabida todas as persoas e sectores que o desexen: desempregadas, empredendedoras, produtoras, empresas… Ao longo do vindeiros meses iranse levando a cabo diversas accións formativas e tamén de lecer nos campos do emprego, emprendemento, negocios, dixitalización, sostibilidade e novos modelos económicos.

A primeira parte deste programa anual iniciarase este mesmo mes de febreiro con Ribadeo Suma Emprego, dirixido a persoas desempregadas ou que desexen mellorar a súa situación laboral. Os días 21 e 23 de febreiro na Aula CeMIT desenvolvera a acción formativa Competencias informáticas básicas, que está dirixida ás persoas que non posúen ferramentas informáticas ou que teñen coñecementos moi básicos destas. A continuación, e relacionado coas xornadas anteriores, o día 7 de marzo levarase a cabo unha formación sobre Como buscar emprego na rede. E os días 15,16 e 17 de marzo abordaremos Habilidades sociais para o emprego, onde se incidirá no proceso de busca de emprego a través da optimización das nosas características persoais.

Os idiomas tamén teñen cabida neste plan e dende o 22 de marzo ao 28 de abril impartirase Inglés para atención ao público, nivel básico. Este curso estará centrado na gramática básica, vocabulario e expresións útiles para o seu uso no día a día.

En marzo está previsto ademais que comece a funcionar o novo Portal de Emprego, que integra tanto a xestións das demandas das persoas desempregadas como as ofertas das empresas que están levando a cabo un proceso de selección de persoal. Ademais, e igual que se ven facendo outros anos en abril iniciarase tamén o Curso preparatorio para os exames de competencias clave nivel 2, nas materias de comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega e competencia matemática.

0.19891309738159