O piloto mindoniense de 10 anos que conquista o enduro galego e español

AMariñaXa
Adrián Méndez Rancaño, que vén de gañar a Copa de España na división de 65 centímetros cúbicos, empezou a montar en moto con apenas 3 anos, talento que herdou de seu pai Lucía Blanco Con apenas tres anos Adrián Méndez Rancaño demostraba os seus dotes na motocicleta na finca dos seus avós no Valiño, en Mondoñedo, e agora, cando acaba de cumprir 10, xa é unha das promesas firmes do enduro a nivel nacional.
Adrián_méndez_rancaño
3 Dec 2023

Adrián Méndez Rancaño, que vén de gañar a Copa de España na división de 65 centímetros cúbicos, empezou a montar en moto con apenas 3 anos, talento que herdou de seu pai

Lucía Blanco

Con apenas tres anos Adrián Méndez Rancaño demostraba os seus dotes na motocicleta na finca dos seus avós no Valiño, en Mondoñedo, e agora, cando acaba de cumprir 10, xa é unha das promesas firmes do enduro a nivel nacional. Tan só unha temporada na competición foi suficiente para que este mariñán se fixera cos títulos galego, asturiano e coa Copa de España infantil na división de 65 centímetros cúbicos, onde conseguiu a súa mellor vitoria na última carreira o pasado 5 de novembro.

“En San Mateu arrasou, aínda que o recorrido era moi técnico, con pedras, area solta e subidas difíciles”, explica a súa nai, Vero Rancaño. Estas dificultades non frearon a Adrián que, malia enfrontarse con nenos maiores ca el, liderou a primeira posición en Castellón completando os catro tramos cronometrados en 20.59,040, a 26 segundos do catalán Jan Martínez e a 50 sobre o valenciano Arnau Ciscar.

O talento innato, a paixón e o esforzo explican o bo facer deste mindoniense sobre dúas rodas, ao que a afección lle vén practicamente dende o berce. “Eran bebés e estaban no parque empezando coas bicis e mentres o resto andaba con rodiñas, el xa andaba sen elas e buscaba pedras e troncos para saltar”, recorda Vero. Porén, comezar no mundo da velocidade tamén está nos seus xenes. “Supoño que o de gustarlle este deporte empezou porque seu pai tiña unha moto na casa, pero ninguén lle insistiu nin se lle comprou sen que el a pedise”.

Talento herdado

De feito, conseguir a súa primeira moto foi iniciativa do neno. “Un día pasamos por un escaparate e dixo que lle gustaría ter unha. Empezamos cunha moi simple para ver si lle gustaba e encantoulle”. A partir dese momento Adrián segue os pasos de Félix Méndez Nogueira, que tamén destacou no enduro e fíxose co campionato autonómico no 2012, entre outros títulos. “El está orgullosísimo. Ver que o seu fillo conseguiu o que quería e ca súa axuda é o mellor que lle pode pasar a un pai”.

Precisamente, o apoio dos seus proxenitores é fundamental. “O mérito é 100 % del, pero hai moito traballo detrás. Félix encargase de que a moto estea perfecta e de adestralo e eu encárgome do tema administrativo, de inscribilo nas probas ou de preparar os equipos”, conta Vero. Referentes tampouco lle faltan a este pequeno amante da velocidade, que non se perde unha carreira dos que máis admira. “Ten moitos, pero gústanlle Josep Garcia e Taddy Blazusiak como endureiros e Jorge Prado e Ruben Fernández como crosseiros”.

As fins de semana concentran os adestramentos desta promesa. “Adestra nos circuítos de Jorge Prado en Lugo e no de Alfoz cando quere e pode. Ninguén lle esixe que lle dedique ningún tempo”. En canto ás prácticas, tamén fai motocross e trial en bicicleta. “Aínda que o que máis lle gusta é o enduro. O motocross necesita unha pouca de loucura para meter eses saltos e a tensión de ir pasando nenos ou que te poidan pasar é moi forte”, asegura a nai.

Fútbol, bici e motocross

Pero non todo son motos na súa vida. “Este ano quixo apuntarse a fútbol nas escolas deportivas de Mondoñedo, gústalle moito andar en bici e, cando ten tempo libre, como a maioría dos nenos gústalle botar unhas partidas na consola cos amigos”. En canto aos riscos deste deporte, Vego teno claro: “Se che digo que non é perigoso mentiría, pero tamén o é andar en coche é facémolo a diario”.

Ela confía no traballo e na madurez de Adrián, malia a súa idade. “Ten unha técnica brutal e sei que o que fai é porque sabe que o dá feito. Nunca o verás arriscar nin tolear. Hai momentos que si que me poño nerviosa, loxicamente, pero é moi maduro nese aspecto e sabe perfectamente o que é capaz de facer e o que ten que practicar máis se quere facelo”.

Pero converterse nun fenómeno de 10 anos do motociclismo e situarse no máis alto do podio tamén obrigan a este mariñán a renunciar a certos momentos. “Ten que deixar aniversarios de amigos a un lado, non pode ir a fútbol ou ás pistas sempre que lle gustaría e son moitísimas horas de furgoneta para un lado e para outro”. Porén, seguir gozando da súa paixón mantense coma o seu obxectivo, mentres desfruta de todo o que aporta o deporte, especialmente da xente e dos valores. “Aprendeu que ninguén dá nada, que o que conseguiu foi porque el o loitou e, que se quere resultados, ten que esforzarse moito”, destaca Rancaño.

Adrián_méndez_rancaño2
adrián_méndez_rancaño3

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11377787590027