O Picato de Trabada ten listo o programa do Entroido que será o sábado 4
A asociación O Picato en colaboración co Concello de Trabada, ten listo o programa do Entroido que será o sábado 4 de marzo e que como de costume será o derradeiro Entroido da Mariña.
Contarán coa pulpería Mario de Viveiro para dar de comer e cear o sábado e unha verbena amenizada polos grupos La Bamba e DJ The Sound Project.
O desfile dará comezo as 18.00 horas e despois da festa e a gran verbena, farase a entrega dos premios. Tamén venderanse rifas durante o desfile e no comezo da verbena para o sorteo de 3 cestas con produtos típicos desta época.
Para participar é necesario anotarse online antes das 16.00 horas escaneando o código QR que aparece no cartel, ou mandando un correo aasociacionculturalopicato@gmail.com.
A cuantía dos premios do desfile ascende a 3.000 euros a repartir entre todas as categorías.