O Picato de Trabada celebra o Entroido 2025 con festa, desfile e premios

AMariñaXa
A asociación organiza unha xornada con música, gastronomía e máis de 5.000 euros en premios
entroido-2025-trabada-cartel-final
5 Feb 2025

A Asociación O Picato celebrará a súa tradicional festa de Entroido este sábado 15 de marzo, cunha programación que incluirá xantar, música e o esperado desfile, que dará comezo ás 18:00 horas. Tras a pasarela de disfraces, continuará a festa ata a entrega dos premios, prevista para a medianoite.

O deseño escollido para representar esta edición foi o de Adriana Fernández Prado, que recibiu un agasallo de 50 euros como recoñecemento. Durante toda a xornada, haberá servizo de polbería a cargo de Pulpería Fénix, así como servizo de ceas ofrecido por Cátering Chao da Brea no pavillón municipal. Toda a celebración terá lugar nunha zona cuberta con carpa e contará coa música en directo do Grupo Zona Zero e DJ The Sound Proyect.

Os premios do desfile suman un total de 5.000 euros a repartir entre as categorías de carrozas, parellas, individuais, socios, grupos, comparsas e charangas. Para participar, é imprescindible anotarse antes do xoves 13 de marzo coa inscrición que estará no Facebook da AC OPicato.

0.14704394340515