O Picato de Trabada celebra as Letras Galegas con contacontos e un certame
AMariñaXa
O acto, que contou coa colaboración do Concello e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, reuniu aos máis cativos do municipio
Contacontos organizado polo colectivo
20 Maio 2024
A asociación O Picato de Trabada celebrou as Letras Galegas co contacontos O misterio do tulipán de Yolanda Álvarez. O acto, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa axuda do Concello que cedeu o espazo e a Xunta que aportou a cartelería, reuniu aos máis cativos do municipio. Tamén houbo pintacaras, sorteos e agasallos.
Neste senso, dende o colectivo tamén puxeron en marcha un certame polo 17 de maio, que este ano está dedicado a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista nada na Coruña. Era un concurso participativo e non competitivo, polo que todos os que se apuntaron levaron un agasallo. Os 40 traballos presentados, que tiñan como temática “As nosas letras”, quedaron finalmente expostos na casa da cultura.