O Picato: “Contaremos con 3.000 euros en premios”

AMariñaXa
Entroido. Falamos con Antía que é membro e presidenta da asociación O Picato de Trabada que organiza o último Entroido da Mariña
Entroido Trabada 2020 (2)
1 Mar 2023

Por Ana Somoza López.

Antía é membro e presidenta da asociación O Picato de Trabada.

Quen organiza o Entroido?

Aínda que na asociación somos bastantes socios, o Entroido tan so o organizamos os dez membros da directiva.

Fai pouco buscaban cartel anunciador da festa.

Si. O deseño de Adriana foi o escollido polo xurado para representar a festa.

Xa se sabe o programa do Entroido?

Xa temos todo pechado. O desfile, que será o 4 de marzo ás 18.00, contará con premios valorados en 3.000 euros repartidos en todas as categorías.

Haberá postos para xantar?

Contaremos coa Pulpería Mario de Viveiro e no relativo á música, os encargados de amenizar a festa son o Grupo La Bamba e o DJ trabadense The Sound Project.

Haberá algunha rifa ou cesta de regalo?

Si. Durante todo o sábado venderemos rifas para o sorteo de tres cestas con produtos típicos destas datas aportados polos veciños do concello.

Haberá novidades?

Pois como novidade é a forma de inscrición que este ano se fai a través do correo da asociación asociacionculturalopicato@gmail.com. Os participantes terán que enviar a categoría, o nome co que desfilan, cantos integrantes son, un nome e número de teléfono, a música que van levar e a súa procedencia.

Cantas categorías hai?

Contamos con 9 categorías. Comparsas, charangas, grupos, individual, grupos infantís e infantil individual, socios, carrozas e parellas.

Como se sufraga este evento?

A meirande parte é cunha achega do Concello e o resto é unha aportación da asociación.

Teñen algunha lembranza especial do Entroido?

Quizás o que máis lembro foi o do 2020 pois era o meu primeiro ano como presidenta. O Entroido foi o 7 de marzo e catro días despois pecháronnos pola pandemia da covid.


Pódese consultar o resto de entrevistas de Entroido:

Comparsa Sin Xeito: “O noso obxectivo é desfrutar moitos anos máis da mellor festa de todas"

Uxía, raiña do Entroido de Foz: “É un privilexio e unha responsabilidade”

ACD As Minas: “A nosa festa caracterízase por contar cun ambiente moi familiar“ 

O Mellor de cada casa: “O deseño xa está pensado dende o verán”

Comisión de Festas do Vicedo: “Lanzaremos foguetes para marcar o comezo”

ACIAL Lourenzá: “Os rapaces preparan dúas carrozas espectaculares, animan e fan rir”

O Picato: “Contaremos con 3.000 euros en premios”

Entroido Trabada 2016 2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1738920211792