O persoal dos PAC solicita respecto ás súas mobilizacións

TerraChaXa | AMariñaXa
A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe «respecto» para o persoal dos puntos de atención continuada (PAC), que o pasado luns, «en votación libre e secreta», decidiu continuar as mobilizacións.
22 Feb 2019

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe «respecto» para o persoal dos puntos de atención continuada (PAC), que o pasado luns, «en votación libre e secreta», decidiu continuar as mobilizacións. Para Comisións, o colectivo «falou alto e claro», polo que cómpre «manter a loita» e defender os once puntos da plataforma reivindicativa.
CCOO pide «non romper a unidade», porque aínda «quedan cousas por conseguir», como garantir o 100 % da atención continuada, unha xornada laboral sen penalización e que distinga entre a ordinaria e a complementaria, así como unha axeitada dotación de persoal.
Por último, Comisións insiste en que non apoiará ningunha proposta que non reciba o visto e prace das traballadoras e dos traballadores dos PAC.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17623400688171