O persoal do Concello de Viveiro comezou a fichar ao entrar e saír do traballo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O persoal municipal xa comezou a fichar á entrada e saída da súa xornada laboral, a modo de proba co fin de detectar posibles incidencias ata o momento da súa implantación definitiva.
16 sep 2019
O persoal municipal xa comezou a fichar á entrada e saída da súa xornada laboral, a modo de proba co fin de detectar posibles incidencias ata o momento da súa implantación definitiva.
Este control realízase cun sistema de fichaxe mediante pegada dixital co queda rexistrado o horario de entrada e saída dos centros de traballo; ademais, este programa permite xestionar a solicitude de permisos e vacacións de todos os empregados, podendo controlar as ausencias e garantir a cobertura de todos os servizos.
Non é o único concello da Mariña que dispón deste sistema xa que por exemplo Ribadeo conta con outro.