O persoal do Concello de Burela participou nos obradoiros 'Todos os ODS son locais'

O persoal do Concello de Burela participou nos obradoiros 'Todos os ODS son locais', levados a cabo polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no Concello de Viveiro.
Estes obradoiros teñen por obxecto informar e formar sobre o proceso de implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU a nivel municipal.
Foron impartidos por ICSEM, unha entidade experta en sostibilidade, xunto co persoal do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Están enmarcados dentro do proxecto People & Planet, cofinanciado polo programa DEAR da UE.
Trataron temas como os principios fundamentais da Axenda 2030 e as oportunidades que esta ofrece para os Concellos ou exemplos reais de actuacións nesta liña nos concellos.