O pazo de San Tomé de Mondoñedo acolle unha exposición sobre Carlos Casares

AMariñaXa
O Pazó de San Tomé no Concello de Mondoñedo acolle a exposición fotográfica Os Camiños de Carlos Casares de Xurxo Lobato.
carlos casares exposicion mondonedo
16 May 2021

O Concello de Mondoñedo acolle a exposición fotográfica Os Camiños de Carlos Casares de Xurxo Lobato. Poderá visitarse no Pazo de San Tomé, sito na rúa Julia Pardo Montenegro nº 13.

Esta mostra na planta baixa, sala de conferencias, e no primeiro andar, sala de exposicións, do Centro Comarcal de Mondoñedo, en son 40 fotografías de 70x80cm. Poderase visitar ata o día 30 de maio.

A exposición, que está destinada a todos os públicos, permanecerá aberta ata o día 30 de maio, de luns a venres en horario de 9 a 15 horas.

As citas e textos informativos poderán seguirse en castelán e inglés, ademais de en galego, mediante un código QR. Do mesmo xeito o visitante terá a posibilidade de acceder ao audio da reprodución automática de textos e descargar o folleto e o cartel oficial da exposición no sitio web da mostra.

0.19058418273926