O Pazo de Ibáñez acollerá a recepción oficial do Bispo da Diocese Tui-Vigo

AMariñaXa
Será o domingo ás 11.00 horas, unha hora antes de que o ribadense, recentemente nomeado Bispo, oficie a misa das doce do mediodía
concello-de-Ribadeo-vista-2
24 Ago 2024

O Pazo de Ibáñez acollerá este domingo, a recepción oficial que o Concello de Ribadeo lle ofrecerá ao Bispo da Diocese Tui-Vigo, Monseñor Antonio Valín Valdés.

Será ás 11.00 horas, unha hora antes de que o ribadense, recentemente nomeado Bispo, oficie a misa das doce do mediodía na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

Foi o Papa Francisco quen nomeou a Antonio Valín Valdés, vicario xeral da Diocese Mondoñedo-Ferrol, como novo Bispo de Tui-Vigo o pasado 25 de maio.

A ordenación e toma de posesión tivo lugar o 20 de xullo na Catedral de Tui, ata onde se desprazaron familiares, amizades, así como unha representación da Corporación Municipal de Ribadeo.

0.18830895423889