O pavillón do recinto feiral de Vegadeo acollerá o I Maratón de Tute

AMariñaXa
O vindeiro sábado 18 de marzo o pavillón do recinto feiral de Vegadeo acollerá o I Maratón de Tute. As partidas comezarán ás 17.00 horas.
i maraton tute vegadeo 2023
i maraton tute vegadeo 2023
19 Feb 2023

O vindeiro sábado 18 de marzo o pavillón do recinto feiral de Vegadeo acollerá o I Maratón de Tute. As partidas comezarán ás 17.00 horas e contará con 128 parellas.

Haberá premios para os catro primeiros clasificados, así como dúas roldas de repesca. Ademais contarán cun premio especial parella feminina mellor clasificada nos pases.

Tamén terán un menú cea que constará de sopa de cocido, cabeza de porco, chourizos, patacas e verdura, café, viño e bebidas.

Para participar é necesario anotarse antes do 10 de marzo chamando ao 650 668 000 ou no e-mail: feriavegadeo@vegadeo.es. A inscrición ten un prezo de 100 puntos por parella e está incluída a cea.

i maraton tute vegadeo 2023
0.080914974212646