O Pasatempo, de Mondoñedo, prepara unha cea baile con cocido
AMariñaXa
O vindeiro sábado 11 de febreiro a parroquia de Neipín, na Pontenova, organizará as festas na honra de Santa Apolonia.
8 Xan 2024
A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a súa segunda cea baile do Pasatempo para o 3 de febreiro, sábado, na Finca San Antonio.
As actividades comezarán ás 21.15 horas cun aperitivo amenizado polo dúo Epo-K. Ás 22.00 horas empezará a cea e a partir das 00.30 horas haberá baile de disfraces cos dúos Epo-K e Belinda.
As entradas para asistir, que teñen un prezo de 32 euros, poden mercarse en cinco establecementos hostaleiros de Mondoñedo ata o 29 de xaneiro.