O Pasatempo de Mondoñedo organiza o seu tradicional magosto con castañas, chocolate e truco o trato o sábado 4 de novembro
AMariñaXa
A asociación de Mondoñedo O Pasatempo organiza o seu magosto tradicional o sábado 4 de novembro.
16 Out 2023
A asociación de Mondoñedo O Pasatempo organiza o seu magosto tradicional o sábado 4 de novembro. A cita, que terá lugar na praza do Concello, comezará as 17.00 horas.
A merenda dará inicio á programación, actividade para a que a entidade pide colaboración. Ás 18.00 será a quenda to truco e trato de Samaín polas rúas do centro. Despois, ás 19.30 horas, será o magosto tradicional con castañas, viño e chocolate.
O evento, organizado por O Pasatempo coa colaboración da asociación Xoldra, o Concello e a Vicepresidencia de Cultura da Deputación, estará acompañado da música dos Carricantos.