O Partido Popular presenta en Barreiros unha candidatura amplamente renovada
O Partido Popular presenta en Barreiros ás eleccións locais que se celebrarán o 28 de maio unha candidatura amplamente renovada, cargada de ilusión e con profunda vontade de traballo ao servizo dos veciños. Así a define o candidato á alcaldía, José Manuel Gómez Puente, que explica que, dos 19 integrantes da lista, 15 son de nova incorporación.
O alcaldable destaca que na súa candidatura hai máis mulleres (10) que homes (9). Igualmente, pon de relevo o feito de que 8 das persoas que integran a lista teñen formación sociosanitaria, un aspecto relevante para un proxecto político -di Gómez Puente- que ten na súa folla de ruta como asunto prioritario a mellora dos servizos sociais no municipio.
Gómez Puente sinala: “Somos homes e mulleres que temos moitas ganas de traballar para mellorar a calidade de vida dos veciños de Barreiros; sabemos como mellorar os servizos que presta o Concello e temos vontade de chegar a acordos para conseguir recursos doutras administracións. Somos un equipo con moita ilusión e decisión para mellorar as cousas no concello de Barreiros e, se gobernamos, empezaremos a facelo dende o primeiro día”.
O alcaldable popular asegura que el e os que o acompañan na lista centrarán “todo o esforzo en conseguir investimentos e servizos para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.
Dende a dirección provincial do PP sinalan que o goberno local de Barreiros, nestes catro anos, só destacou “polo que dixeron que ían facer e que non fixeron. Nin foron capaces de manter o que deixamos feito”. A dirección popular di que “Barreiros foi coñecido estes anos polo retroceso que sufriu; os veciños teñen agora unha oportunidade de comparar o que foi a xestión do PP coa destes que pasaron catro anos a velas vir”
A LISTA NOME A NOME
- José Manuel Gómez Puente
- María Ramona García de Gabriel
- Pablo Posada Rocha
- María del Mar Sante García
- Manuel Alonso Díaz
- María Leticia Fernández Rey
- Laura López Paz
- Carlos Pérez Martínez
- Iván Otero Lende
- Catalina Alvite Carreira
- María Ángeles Sanjurjo Bermúdez
Suplentes
- María Silvia Fernández Martínez
- Sonia Outes Rúas
- Paulino Loban Rodríguez
- Yasmina Fernández Rivas
- José Manuel García de Gabriel
- Concepción Fernández Iglesias
- Evencio Rocha Moreda
- Juan Bautista Vila Lanzós