O Partido Popular denuncia fallos na fibra óptica en Trabada

AMariñaXa
O Partido Popular denuncia fallos na fibra óptica en Trabada. Esta situación levase dando desde esta fin de semana
26 Abr 2022

O Partido Popular denuncia fallos na fibra óptica en Trabada. Esta situación levase dando desde esta fin de semana derivada dunha avería nunha escavación que está realizando o Concello na parroquia de Fórnea.

"Ante esta situación, que aínda non está solucionada", o presidente e voceiro municipal do PP de Trabada, José María Fernández, lamenta que “o goberno municipal, coa a súa alcaldesa, Mayra García, á fronte, non se preocupen nin defendan os intereses dos empresarios xa que estes fallos dificultan o seu traballo diario”.

Polo tanto, “solicitamos tanto ao Concello de Trabada como a Telefónica que traballen para que se restableza o normal funcionamento da fibra óptica o antes posible”, finaliza José María Fernández.

0.11682105064392