O Partido Popular de Lourenzá afea que o Goberno local teña deficiencias nos espazos da súa titularidade

AMariñaXa
O Partido Popular de Lourenzá vén de afear que o Goberno local socialista teña deficiencias nos espazos da súa titularidade.
pavillon lourenza
5 Abr 2024

O Partido Popular de Lourenzá vén de afear que o Goberno local socialista teña deficiencias nos espazos da súa titularidade. Así, segundo os populares, "no último Pleno recoñeceron as deficiencias nos espazos da súa titularidade e a tardanza na súa xestión".

En relación ás instalacións deportivas "os socialistas poñen escusas para non aceptar facer o que piden os veciños", din desde o PP. Por exemplo "no pavillón de Santo Tomé néganse a mellorar os sistema de acceso por que aseguran que xa están dando todas as facilidades".

Tamén á petición dos veciños para dotar á pista de San Adriano de redes, canastras e puntos de luz, aseguran "que xa llelo trasladaron os veciños e que estudan facer un pavillón", din desde o PP, "estaremos vixiantes de que cumpran o que prometen".

Por outra banda, no ximnasio piden mellor mantemento e din que "xa o están a facer e, incluso, recoñecen que dispoñen dunha axuda da Xunta de 9.000 euros para a súa mellora".

0.10277104377747