O Partido Popular de Alfoz presentou aos membros que formarán parte da súa candidatura

AMariñaXa
O Partido Popular de Alfoz presentou aos membros que formarán parte da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais
candidatura PP alfoz 2023
17 Abr 2023

O Partido Popular de Alfoz presentou aos membros que formarán parte da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais encabezada polo empresario e enxeñeiro agrícola, Juanjo Fraga. A este acto asistiron representantes da dirección provincial do partido, entre eles, o vicepresidente, Francisco Conde, o coordinador xeral do partido, José Manuel Balseiro Ourol e alcaldes e voceiros próximos a zona.

O candidato encabeza a lista popular “con moita ilusión e compromiso” e co obxectivo de facer un proxecto de futuro para reconducir a xestión do concello que nos últimos anos perdeu moitos servicios ante a ineficiencia do goberno local. O alcaldable destaca que o PP de Alfoz concorre nas vindeiras eleccións do 28 de maio cun equipo que conta con xente con “moita experiencia, cualificada e implicada no Concello”. Ademáis resalta que “contamos con xente que a pesar de non compartir ideais políticos, si compartimos as inquietudes sobre o Concello de Alfoz”.

A número 2 da lista figura, Raquel Rouco Iglesias, defende a Fraga como cabeza de lista pola súa ampla capacidade de xestión. “É un candidato máis que capaz, sempre estivo defendendo os intereses de Alfoz e propoñendo accións para mellorar o Concello e a vida dos veciños”. En relación ao equipo de traballo que conformaron, Rouco explica que “somos unha candidatura cun equipo que conxieñamos moito desde o principio e que temos unha ilusión moi grande por traballar. Imos loitar por  facer de Alfoz un lugar no que construír un proxecto de vida.”

Por outra banda, o alcaldable cre que “os afiliados merecen que poñamos todo o mellor de nós e traballar para que o partido sexa a forza maioritaria no concello”. Ademais engade que “sempre apostei por Alfoz como un lugar de residencia e como un lugar para impulsar proxectos laborales e persoais, despois de todo, temos que ser partícipes e traballar nunha mellora dos servizos para que a xente poida traballar, vivir e instalarse en Alfoz.

LISTA

  1. Juan José Fraga Paz
  2. Raquel Rouco Iglesias
  3. Nerea Pena Vigo
  4. Jessica García Fraga
  5. José Juan Lorenzo Rubal
  6. Andrea Fernández Rico
  7. Rubén Fraga Goás
  8. María Flor Pardo Rivera
  9. Marco Vázquez López
  10. Iván Fernández Pernas
  11. Alberto Souto Franco
  12. Ana María Martínez Rego
  13. Fernando Rico Val
  14. Sandra Vizoso Cora
  15. Jesús Paz Pumares
0.12299489974976