O Partido Galeguista concorrerá ás eleccións en Ribadeo con Ángel Anes

AMariñaXa
O Partido Galeguista concorrerá ás eleccións do 28 de maio en Ribadeo con Ángel Anes como candidato á Alcaldía.
Angel Anes Partido Galeguista Ribadeo 2023 1
21 Abr 2023

O Partido Galeguista concorrerá ás eleccións do 28 de maio en Ribadeo con Ángel Anes como candidato á Alcaldía. O propio candidato e Pablo Rodríguez Vivín, impulsor da lista, notificaron a candidatura na xunta electoral provincial e na de zona, en Mondoñedo.

Ángel Anes ten 63 anos e pasou a primeira etapa da súa vida, ata os 30 anos, traballando en distintos proxectos comerciais en Ribadeo. Despois, durante outros 30 anos, foi profesional do comercio exterior e desde hai 4 anos vive outra vez en Ribadeo. Está prexubilado, pero recoñece que segue vinculado "dunha maneira divertida" ao comercio porque é algo que lle apaixona.

"Involucreime neste proxecto porque me parece serio e un lugar dende ou que se poden facer cousas para a poboación", recoñece Anes, que se mostra con "ilusión e ganas de apartar propostas para ou programa", di Anes.

Angel Anes Partido Galeguista Ribadeo 2023
0.14191889762878