O parque de bombeiros de Viveiro recolle preto de 500 quilos de comida

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 Xan 2020

O parque de bombeiros de Viveiro organizou por primeira vez unha xornada de portas abertas para levar a cabo unha recollida de alimentos, produtos de hixiene, roupa e xoguetes para doar ao Banco de Alimentos da Mariña. Esta iniciativa foi todo un éxito xa que se chegaron a recoller decenas de xoguetes para os máis pequenos e preto de 500 quilos de comida. Ademais, durante a xornada levouse a cabo un obradoiro sobre a prevención de lumes no fogar.

0.17950987815857