O Parlamento insta á Xunta a que acorde co sector marítimo a modificación do decreto que regula as artes, aparellos e útiles

AMariñaXa
Remataron as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro, no municipio lugués de Viveiro.
patricia otero parlamento galego 2023
7 Out 2023

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que modifique canto antes o decreto que regula as artes, aparellos e útiles para a extracción de recursos mariños. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, presentou esta iniciativa na que empraza á Consellería a dialogar co sector para actualizar unha norma que xa nacera obsolera.

Otero lembrou que o sector marítimo leva pedíndolle á Xunta que flexibilizara esta norma, aprobada en 2011, dende o ano seguinte da súa entrada en vigor, xa que se tiña demostrado “demasiado ríxida e inoperativa”. Ironizou con que a portavoz do PP pedira hoxe “calma e unha reflexión profunda” a pesares de que teñen pasado xa 12 anos despois da publicación desta norma.

A parlamentaria socialista sinalou que “as regras do xogo teñen que quedar moi clariñas dende o primeiro momento” para adaptar a normativa á realidade das necesidades do sector da pesca, e atendendo ás súas demandas.

Sinalou que a norma resulta “excesivamente minuciosa e pouco operativa”, e precisa deixar “perfectamente definidas” as dimensións, características e usos das artes de pesca e marisqueo, salvando ademais os problemas que ocasiona nos portos, sinaladamente pola regulación das boias.

Patricia Otero reclamoulle á Consellería que atenda a esta demanda, que procede do sector da pesca, coa “mesma axilidade” coa que atendeu á petición para cubrir a xefatura territorial de Pesca de Celeiro. Este cargo levaba dous anos baleiro ata que, ironizou, “atoparon á candidata ideal que, casualidades da vida, é a que fora candidata do PP á alcaldía de Viveiro, e que non conseguiu porque a alcaldesa segue a ser a socialista María Loureiro”.

0.13301301002502