O Palique de Mondoñedo gañou o premio de 'Hamburguesa con Estrella' no IV Campeonato de España
O Palique de Mondoñedo vén de ser recoñecido co premio de 'Hamburguesa con Estrella' no IV Campeonato de España de Hamburguesas.
O seu bocado, chámase ConXeito e consiste nun pan brioche, carne de boi, cebola acaramelada con cervexa, repolo, panceta, crema de queixo con sabor a chourizo y allada
"ConXeito é unha hamburguesa composta por un pan brioche totalmente caseiro e feito nunha da máis prestixiosa confeitería da Mariña lucense, usamos unha carne de boi cunha maduración de 5 meses e engadimos unha crema de queixo con sabor a chourizo, un salteado de repolo con panceta e cebola acaramelada en cervexa estrela Galicia", di David Folgueira.
"O que queremos conseguir á parte de gustarlle aos nosos clientes é potenciar produtos das nosas terras, como é o repolo", sinala Folgueira.
O gañador do IV Campeonato de España de Hamburguesas foi 'Old School 1980' do Argentinos Burguer da Estrada, Pontevedra; en segunda posición foi 'Hey Ryan' do Soul Coffe Bar de Valencia e de terceiro, 'La Duquesa' do Festín, en Barcelona.
O Palique é un restaurante que conta con servizo a domicilio e cun ampla carta de bocadillos, pizzas e hamburguesas. Ademais tamén teñen a sección O Palique polo mundo no que sirven desde hot-dogs americanos, pasta italiana, nachos e faxitas mexicanas e por suposto a deliciosa ensalada mindoniense.