O Palangre de Superficie advirte de perdas pola descoordinación do Goberno central

AMariñaXa
O Palangre de Superficie advirte de perdas de máis de dous millóns de euros pola descoordinación do goberno de España
barco pesca mar
15 Xan 2022

O Palangre de Superficie advirte de perdas de máis de dous millóns de euros pola descoordinación do Goberno do Estado

As catro organizacións de produtores representativas do palangre de superficie (OP7 Burela, Opromar, Opnapa e Orpagu) consideran totalmente descoordinada e gravemente deficiente a xestión gobernamental española en relación ao Marrajo Dientuso desde 2020. "Ese ano empezaron os problemas administrativos que continúan coleando a día de hoxe. De feito, a falta de decisións a nivel interministerial, que xa supuxeron importantes prexuízos económicos para o sector, poderían supoñer perdas de máis de dous millóns de euros neste 2022", din dende o palangre.

"A xestión descoordinada das administracións competentes (Pesca, Comercio e Transición Ecolóxica), que se limitan a culparse mutuamente da situación, podía ser comprensible o primeiro ano de aplicación dos certificados CITES (2020), pero o escenario volveu repetir en 2021 e a 2022 ameaza cun panorama aínda peor", engaden.

"A falta de toma dunhas decisións que deberían estar vixentes o 1 de xaneiro, escurécese máis pola ausencia total de respostas ás insistentes consultas do sector respecto a a publicación das cotas CITES 2022. Isto débese, unha vez máis, á constatada descoordinación dos ministerios implicados na xestión do Marrajo. A única medida tomada ata o momento foi a de prohibir reter a especie de forma global, mentres outras frotas capturan esta mesma especie #ante a impotencia dos armadores e organizacións que os representan, que ven sistematicamente desatendidas as súas peticións urxentes", informaron den as organizacións de produtores.

O sector lamenta que no único que se poñen de acordo os ministerios é "en culparse uns a outros da kafkiana situación. Mentres, as empresas armadoras sofren todos os prexuízos derivados deste escenario que se repite desde 2020".

Co ano pesqueiro iniciado e a frota afectada acumulando días dunha restrición que non debería existir de xestionarse de forma correcta a pesca e a comercialización desta especie, as catro organizacións representativas do palangre de superficie de altura e gran altura español piden unha solución inmediata ao conflito que ameaza co peche de empresas.

0.18467307090759