O PAI do Vicedo abre o prazo de reserva para o novo curso

AMariñaXa
O PAI é un servizo diúrno de titularidade municipal cunha función social e educativa
pai_o_vicedo
30 Xuño 2024

Abre o prazo de reserva e novo ingreso para o curso 2024/2025 no Punto da Atención a Infancia do Vicedo. Os interesados poden facer a súa reserva do 2 de xullo ata o día 12. O PAI é un servizo diúrno de titularidade municipal cunha función social e educativa, coa finalidade de prestar unha atención de apoio aos pais ou titores dos nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos, e facilitar a conciliación familiar e laboral.

0.088612079620361