O ourolés Francisco Rodríguez proclamouse subcampión de España de loita de brazos
O ourolés Francisco Rodríguez proclamouse subcampión de España de loita de brazos na Copa de España celebrada en Pedro Muñoz, Cidade Real.
Foi subcampión sénior con ambos os brazos na división de menos de 80 quilos e terceiro, tamén cos ambos brazos, no desafío campión de campións entre os mellores de todas as categorías.
Rodríguez xa era bicampión de España de loita de brazos no campionato celebrado en Mallorca en maio 2023 e conta con un ouro nacional. Tamén é 9 veces subcampión de España, 3 en campionato nacional e 6 na Copa. Tamén son Campión en Portugal e 15 no mundo e o seu irmán Iván tamén foi campión de España.
O mariñán é o presidente do único club de loita de brazos en Galicia, e é o máximo expoñente deste deporte na comunidade galega.
https://galiciaxa.com/2021/06/amxa/sec-amxa/dep-amxa/99484/