O orzamento do Vicedo de 1,9 millóns permitirá obras nas aldeas e na casa da cultura
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Sep 2019
O alcalde do Vicedo, o popular Jesús Novo, levou a pleno a aprobación do orzamento para esta anualidade que ascende a 1,9 millóns de euros. Para inversións directas, o rexedor asegura que destinará 160.000 euros no arranxo de varias estradas e nunha obra de accesibilidade para a casa da cultura, entre outras actuacións en tódalas parroquias.
Respecto do campo de fútbol onde xoga O Folgueiro que está en Primeira Rexional, o Concello vai instalar o alumeado utilizando luminarias de tecnoloxía LED. Hai tamén unha partida prevista, de 180.000 euros, para tratar de solucionar os problemas de drenaxe que presenta o céspede.