O Observatorio Mariña Pola Igualdade conta con actividades de cara ao 25N por toda a comarca

TerraChaXa | AMariñaXa
O Observatorio Mariña Pola Igualdade conta con actividades de cara ao 25N por toda a comarca e que pon o foco nas mulleres do rural
IMG 20200803 WA0017
23 Nov 2020

O Observatorio Mariña Pola Igualdade deu a coñecer a programación de cara ao 25N; un programa de actividades que pon o foco nas mulleres do rural  co lema "25N-Voces de Mulleres desde o rural".

Haberá unha presentación do vídeotestemuña Elas Tamén Contan: voces de mulleres no rural que será o 24 de novembro no Lugar das Marías ás 19.00 horas e o día 25 ás 12 horas na casa da cultura do Concello de Trabada.

Xa o 26 será a presentación do libro Árbores que non arden do Proxecto Batefogo, ás 19 horas no Casino de Mondoñedo, e o día 27 ás 19:00 nas escolas vellas de Cervo será a do relato gráfico Madialeva, de Ana María Fernández Moreiras.

As presentacións de libros tamén poderán seguise no directo da canle de facebook do Observatorio.

0.10218811035156