O Observatorio Mariña pola Igualdade acollerá a presentación do libro de Aurora Marco
AMariñaXa
O vindeiro mércores 2 xuño o Observatorio Mariña pola Igualdade acollerá a presentación do libro Irmandiñas de Aurora Marco
31 May 2021
O vindeiro mércores 2 xuño o Observatorio Mariña pola Igualdade acollerá a presentación do libro Irmandiñas de Aurora Marco, unha obra gañadora do premio Follas Novas 2021 de Ensaio e Investigación.
O acto terá lugar no xardín do Lugar das Marías na Rigueira, Xove, ás 19:30 horas. Acompañan a Aurora Marco o dúo musical Barahúnda.
Este libro recupera as mulleres que desempeñaron actividades relevantes vencelladas ás Irmandades da Fala.