O obradoiro Pinga a Pinga, de Alfoz, ensinará sobre a auga e os seus coidados

AMariñaXa
O vindeiro 12 de maio o Concello de Alfoz acollerá un concerto do grupo Tundal. Este grupo de música tradicional
laboratorio investigar gotas auga mar
25 Sep 2023

O vindeiro sábado 30 de setembro a biblioteva de Alfoz acollerá de 17.00 a 19.00 horas o obradoiro Pinga a Pinga, para coñecer máis sobre a auga e o seu coidado a través de vídeos, manualidades e dinámicas de grupo.

Máis tarde, ás 19.00 horas no salón de actos, poderase desfrutar con Raquel Queizás, coa Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba "na póla". O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai.

Segundo a organización, "comunicándonos máis intensamente coa natureza, podemos ser capaces de comprendela, respectala e ao mesmo tempo valorar todo o que nos ofrece para crear un mundo máis transitable e saudable".

"SOÑADORA DAS ÁRBORES" é un espectáculo de narración oral baseado nunha historia real e en lendas de diferentes culturas que exploran a relación entre as persoas e a natureza.

0.16699194908142