O obradoiro de emprego Territorio Vivo de Barreiros e Ribadeo conta con 16 mozos

AMariñaXa
Presentouse obradoiro de emprego Territorio Vivo que conta con 16 mozos menores de 30 anos de Barreiros e Ribadeo
barreiros vista
13 Aug 2021

Presentouse obradoiro de emprego Territorio Vivo no que participarán 16 mozas e mozos menores de 30 anos de Barreiros e de Ribadeo durante un ano. No mesmo vanse impartir dúas especialidades: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e Interpretación e educación ambiental.

Neste obradoiro, cofinanciado no 91% polo Fondo Social Europeo e pola iniciativa de emprego xuvenil e na porcentaxe restante pola Consellería de Emprego e Industria, impartiranse dúas especialidades: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e Interpretación e educación ambiental. Trátase dunha programación formativa integrada dirixida a obtención dun certificado de profesionalidade. Isto permitirá que o rematar a súa participación no obradoiro, os participantes estean en condicións de incorporarse ao mercado laboral.

O obxectivo principal que se quere conseguir é artellar un proxecto de xestión integral do patrimonio documental e natural que ámbolos dous concellos posúen, levando a cabo varias actuacións. O alumnado/traballador da especialidade de gravación de datos seguirá coa organización, clasificación e descrición da documentación dos arquivos municipais, elaborarán un tesauro da serie documental Libros de actas e asociado a este, crearán unha ferramenta de busca avanzada mediante descritores que permitirá realizar buscas por palabras clave dende a páxina web do arquivo, realizarán actividades de difusión do patrimonio documental: exposicións, visitas guiadas, etc, coa finalidade de concienciar á cidadanía e á sociedade en xeral sobre a importancia e o servizo que prestan os citados arquivos.

O alumando/traballador da especialidade de Interpretación e educación ambiental realizará visitas guiadas interpretadas a espazos naturais cun valor xeolóxico e medioambiental excepcional sitos en ámbolos dous concellos, encargaranse da programación e execución de talleres de educación ambiental para fomentar o uso racional dos recursos e o desenvolvemento sostible e implementarán  estratexias innovadoras co uso das TICs coa creación dun centro de interpretación virtual do patrimonio natural.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, sinalou que “é unha satisfacción que se poidan desenvolver proxectos deste tipo en concellos pequenos, porque somos concellos pequenos con recursos moi limitados, e esta é unha mostra de que traballando conxuntamente da man e con lealdade e cooperación institucional pode reverter en beneficio dos territorios e das persoas que os ocupan. Simplemente esperar que aproveitedes moito esta experiencia, non só a nivel laboral senón tamén a nivel vital, que serva como unha experiencia para coller fondo para seguir esta carreira que é a vida”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1891758441925