O novo roteiro dos sendeiristas de Terras de Lourenzá será pola Ribeira Sacra
AMariñaXa
Os sendeiristas de Terras de Lourenzá preparan un novo roteiro. Será o domingo 23 de abril polo Concello de Pantón
10 Abr 2022
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o domingo 23 de abril dúas rutas polo Concello de Pantón, a ruta Cibrisqueiros a San Cosmede e a da Fervenza Augacaída a Castro de Marce.
O primeiro roteiro, o PR-G.181, ten unha distancia de 8 quilómetros, e a segunda de 4. A saída terá saída ás 07.00 horas do Cantón de Vilanova e rematarán nun xantar pola zona.
A actividade ten un prezo de 35 euros para socios e 40 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 658 097 133 ou no email terrasdelourenza@gmail.com.
Lembran que é necesario levar botas e bastóns e respectaranse todas as medidas covid e as inscricións deben facerse antes do 20 de abril.