O novo obradoiro de emprego de xardinaría deixa pegada en Cervo

AMariñaXa
Un dos aspectos destacados desta iniciativa é o tratamento dado aos restos da poda
obradoiro-emprego-cervo-xardineria-2025
15 Jan 2025

O Obradoiro de Emprego recentemente iniciado no Concello de Cervo está a demostrar o seu valor a través das primeiras actuacións visibles no núcleo homónimo. Os sete alumnos e alumnas da especialidade de Xardinería están a realizar traballos de poda, contribuíndo a mellorar o espazo urbano e a sustentabilidade ambiental.

Un dos aspectos destacados desta iniciativa é o tratamento dado aos restos da poda. Estes serán biotriturados para converterse en acolchado orgánico, que será utilizado nos macizos das plantas. Este acolchado non só actúa como un abono natural que enriquece o solo, senón que tamén axuda a reducir a proliferación de malas herbas e minimiza o uso de abonos e herbicidas químicos, promovendo prácticas respectuosas co medio ambiente.

O programa, que combina formación teórica e práctica ao longo de nove meses, ofrece aos participantes unha oportunidade única de aprender e aplicar coñecementos en tempo real, ao tempo que contribúen ao benestar da comunidade.

A través de iniciativas como esta, o Concello de Cervo reafirma o seu compromiso coa formación, a inserción laboral e a sustentabilidade.

0.16813492774963