O novo aparcadoiro do Fuciño do Porco entra en funcionamento hoxe

AMariñaXa
A partires deste Xoves Santo entrará en funcionamento o novo aparcadoiro do Fuciño do Porco. Situado a uns 500 metros do anterior aparcadoiro
Fucino porco aparcadoiro rematado
14 Apr 2022

A partires deste Xoves Santo entrará en funcionamento o novo aparcadoiro do Fuciño do Porco. Situado a uns 500 metros do anterior aparcadoiro e con espazo para albergar máis de 100 coches.

Ademais servirá para liberar a estrada de Suegos de tantos vehículos estacionados moitas veces polas cunetas e entorpecendo as actividades diarias dos veciños.

A empresa coruñesa Sergonsa Servicios SL. foi quen realizaou esta obra que nun principio estimábase en 180 prazas, "pero co POL, plan de ordenazion do litoral, houbo que baixalas", dixo o rexedor vicedense Jesús Novo.

Así mesmo, a orografía do terreo obrigou a levantar muros, poñer peches perimetrais e barandas, e acondicionar o acceso para o paso dos vehículos, por iso despois dos traballos de despexe da vexetación baixa como matorrais e dos eucaliptos, moi prolíficos na zona, houbo que achandar o terreo.

Segundo o rexedor estas obras ffixéronse baixo o nome de Aparcamento en Alegrín, e ocupan unha superficie de 5.000 metros cadrados trala compra por parte do Concello dunhas parcelas veciñais.

Este proxecto, que foi licitado por 295.576 euros, finalmente adxudicouse por 260.576 euros, xa que a empresa con sede na Coruña presentou unha baixa de 35.416 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1741259098053