O Niño fixo parada en Viveiro e Lugo con décimos do primeiro e o terceiro

LugoXa | AMariñaXa
A Lotería do Niño non pasou desapercibida e tamén fixo unha parada na provincia de Lugo.
6 Xan 2024

A Lotería do Niño non pasou desapercibida e tamén fixo unha parada na provincia de Lugo. De feito, algún décimo do gordo, o 94974, vendeuse en Viveiro, na administración da avenida Benito Galdecón. O premio é de 200.000 euros ao décimo.

O segundo, o 89634, só se repartiu en Madrid pero o terceiro, o 57033, tamén se vendeu en Lugo. Correspóndenlle 25.000 euros ao décimo. Vendeuse en dúas administración, na de Lamas de Prado, que foi protagonista esta semana tamén polo atraco que sufriron, e a de San Roque, no número 153.

0.13221001625061