O Naseiro 2023 comeza con moita música

AMariñaXa
A comisión de festas do Naseiro, Viveiro, fixo publico o programa festivo da Romaxe do Bo Xantar para este ano 2022.
festa naseiro 2023
23 Aug 2023

A comisión de festas do Naseiro, Viveiro, fixo publico o programa festivo da Romaxe do Bo Xantar para este ano 2023. Así, do 25 ao 30 de agosto organizarase na parroquia de San Pedro de Viveiro, a Romaría de Naseiro.

A festa comezará o venres 25, e durante esta xornada celebrarase o Día do Polbo, que estará amenizado por unha charanga.

O sábado 26, ás 13.30 horas celebrarase a misa con posterior procesión en honra á Virxe dos Remedios. A sesión vermú e verbena estarán amenizadas por Superstar e Atenas.

O domingo 27, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne en honra á Virxe dos Remedios, seguida da procesión. A sesión vermú e verbena estarán a cargo de M3 Show e Kalima 3.0.

Na xornada do luns 28, os presentes poderán asistir á sesión vermú e verbena con Suavecito e Zona Zero. O martes 29, será a sesión vermú e a verbena que estarán animadas polas formacións Fénix e Arizona.

Na derradeira xornada, o mércores 30, celebrarase o Día do Neno onde os máis pequenos gozarán das atraccións a prezos populares.

festa naseiro 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17305684089661