O Nadal en Xove contará con moitas actividades
O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín presentaron o amplísimo programa de actividades programados polo Concello para este Nadal.
Así, a programación dará comezo o día 20 cunha festa 'Un Nadal de cores' con polvos holy e que será ás 18.00 no pavillón de Deportes. O xoves 21 no salón de actos do centro cívico haberá unha obra de teatro a cargo de Aspanane, que se repetirá o martes 26.
O venres 22 ás 17.00 horas no pavillón haberá unha festa infantil e unha chocolatada, e acto seguido Papá Noel visitará a residencia San Bartolomeu. Tamén ás 20.30 horas celebrarse a IV Gala do emprendemento local que será ás 20.30 horas no salón de actos do centro cívico.
Xa o sábado 23 de 16.30 a 19.30 horas no centro xuvenil farase un Torneo de Nadal de xogos de mesa, o mércores 27 será o tradicional Concerto de Nadal a cargo da Escola de Música e a Orquestra Clásica de Xove.
O xoves 28 ás 19.00 horas será a quenda do teatro familiar 'Años Luz' a cargo de Luz, micro y punto, e o venres 29 de decembro ás 21.30 horas farase o XI Concurso de Karaoke ao que haberá que inscribirse para participar antes do 28 na oficina do técnico de cultura, e o sábado 30 poderase desfrutar dun concerto de corda do Conservatorio de Viveiro ás 18.00 horas.
O domingo 31 ás 11.00 horas os pequenos poderán despedir o ano cunha festa infantil no pavillón.
Xa en xaneiro, o mércores 3 ás 18.00 horas haberá un espectáculo infantil no pavillón, e o día 4, será a celebración do Día da Infancia con xogos acuáticos na piscina e inchables no pavillón.
Por último a Cabalgata de Reis será ás 19.00 horas do 5 de xaneiro polas rúas do Concello. Ademais os Reis Magos visitarán a Residencia San Bartolo e estarán no centro cívico para falar e sacarse fotos cos cativos. Xa pola tarde unha discoteca poñerá o punto e final a unha programación do máis variado.
Por outra banda, a semana Lecer Braco será do 26 ao 29de decembro en horario de 9.30 a 13.30 horas e está organizada pola Anpa Pedro Caselles Rollán. Conta con prazas limitadas e está dirixido a nenos de 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.