O musical infantil Supercalifragilístico estará en Burela o 12

TerraChaXa | AMariñaXa
Burela acollerá a representación dun novo musical infantil o vindeiro 12 de xaneiro.
46153619_1400382563425185_3934970898255183872_n
3 Xan 2019

Burela acollerá a representación dun novo musical infantil o vindeiro 12 de xaneiro. Trátase de Supercalifragilístico que rende homenaxe á famosa Mary Poppins. As entradas xa están á venda no restaurante Mis en Plas e en www.woutick.es



O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “desde o Concello de Burela queremos anunciar a presenza aquí en xaneiro da compañía Moita Merda, que vai traernos un musical infantil, un máis despois do que tivemos en decembro con moito éxito”.


O edil socialista explicou que “será o sábado 12 xaneiro ás seis da tarde. Chámase Supercalifragilístico. É un musical sobre a personaxe de Mary Poppins, de sobra coñecida por todos nós. Foi unha película de Walt Disney que se estreou no ano 1964, tivo moita repercusión, foi candidata a varios óscars e gañou cinco. Era algo inédito nunha película de corte infantil e a protagonista Julie Andrews gañara o óscar á mellor actriz”.


José Díaz contou que “este musical se basea nesa figura orixinal de Mary Poppins, pero enfocada a unha familia de hoxe en día, coa grandísima diferenza que hai respecto ás familias dos anos 70. Os nenos divírtense doutra maneira diferente e a coidadora encóntrase con problemas moi distintos, e xoga coa música e as cancións tan míticas daquela película para entreter aos nenos e apartalos das novas tecnoloxías, que é a fonte principal de diversión dos nenos de agora”.


O concelleiro de Cultura engadiu que “este musical ten ademais moito mensaxe,  pareceunos interesante e pensamos que cumpre os criterios de calidade que pretendemos en Burela cando traemos calquera actuación, que teñan un bo nivel e que guste á xente porque hai que pagar entrada. Queremos sempre que todo o mundo saia contento e que esa inversión en cultura se pague disfrutando dos espectáculos que se traen. Ademais agora está nos cines o remake desta película de Mary Poppins, tamén con moita aceptación, hai moitos pais que queren levar aos nenos a mostrarlles a película que a eles os marcou”.


Díaz agarda que “teña boa resposta. As entradas están á venda en internet na páxina www.woutick.es e no facebook da Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela está toda a información, tanto do musical como dos puntos de venda e prezos das entradas. Esperamos como sempre ter un bo número de xente e poder seguir facendo este tipo de espectáculos. Ademais este é xusto despois de Reis e para as familias é un bo xeito de rematar este período navideño”.


Reis Magos



Os Reis Magos de Oriente xa están camiño de Burela a onde chegarán o vindeiro sábado, día 5. A partir das 19:00 horas desfilarán moi ben acompañados dende a Rúa do Ril ata a carpa sita na Praza da Mariña. Alí recibirán @s nen@s acomodados no belén vivinte. Haberá roscón, chocolate, rosconazo de regalos e a realización dun desexo solidario. A Cabalgata de Burela está organiza por Ledicia e conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes local e do Concello de Burela.


Día do neno
O concelleiro de Cultura, José Díaz, aproveitou para lembrar que o vindeiro luns, 7 de xaneiro, será o Día do Neno na carpa instalada este Nadal na praza da Mariña. Todas as actividades que se desenvolvan alí durante esa xornada serán gratuítas.

0.16974186897278