O musical, 'Fiesta Mágica', representarase na casa da cultura de Burela en maio

AMariñaXa
O musical, Fiesta Mágica, será representado na casa da cultura de Burela o luns 1 de maio ás 18.00 horas. Un divertido espectáculo
Burela fiesta disney
Burela fiesta disney
22 Feb 2023

O musical, Fiesta Mágica, será representado na casa da cultura de Burela o luns 1 de maio ás 18.00 horas. Un divertido espectáculo musical baseado nun gran repertorio de cancións Disney cos mellores personaxes das películas.

Bela, Elsa, Ariel e Rapunzel organizan a súa primeira festa de pixamas na que o pasarán en grande lembrando historias, cantando e rindo. Pero na metade da súa noite especial Ariel márchase da festa tras recibir unha chamada. As súas amigas quedan preocupadas pensando en que quizá a súa amizade estea en perigo pero grazas á axuda de grandes personaxes como o xenio da lámpada, Aladdin e Jasmine, Campanilla, Vaiana, Olaf, Lumière, Coco, Mirabel e os demáis lograrán permanecer unidas e aprender o valor da amizade. Decorados, sorpresas e vestiarios con luces led acompañarán ás mellores cancións de onte e hoxe evocando grandes momentos da infancia. Con 27 personaxes, voces en directo e cuidadísimos vestiarios este musical non deixará de emocionar a toda a familia.

Entradas anticipadas xa á venda. Para os menores de 2 anos non é obrigatorio sacar entrada pero non teñen dereito a butaca.

Burela fiesta disney
0.070601940155029